top of page

ECOPOEMAS

O 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, o Departamento de Lingua Galega e Lingua Castelá, traballaron na clase distintos poemas relacionados coa ecoloxía e medio ambiente.

LINGUA GALEGA

TRABALLAMOS O ECOLOXISMO A TRAVÉS DA POESÍA GALEGA

 

 

TEXTO 1

 

 Mais de socate

 

Mais de socate,

nun erro de construcción,

nesa masa inxente de cerebros

algúns decatáronse

dun novo poder.

O poder da consumidora.

Non queremos alfombras feitas

por nenas en Nepal.

Non queremos cosméticos

feitos con experimentos animais.

Non queremos máis abrigos

de peles de caimán.

Non queremos seguir sendo

as grandes depredadoras.

E o día en que todas non queiramos,

¡tremade multinacionais!

Se cadra entón o reino

comezará

con algún viso verdadeiro.

 

Moda galega. María Reimóndez

 

 

 

TEXTO 2

 

Centro comercial Camelias:Zara

 

E por último aquí está.

O modelo da industria

de mulleres

en cadea.

Un modelo de producción

sumamente rendible

para a economía do páis.

Mágoa que se axuste tan pouco

ó producto autóctono

de carnes tradicionalmente alimentadas

con botelos, touciños e lacón.

A revolución industrial.

As mulleres de talle 36

embutidas no que antes

utilizariamos

para facer uns bos chourizos.

Todas iguais.

Unha por unha.

Unha producción ilimitada

nun mercado mutilador.

Se cadra agora haberá que xustificar

que se segue sendo humana

mesmo se non se cabe

na roupa de Zara.

 

Moda galega. María Reimóndez


 

 

TEXTO 3

 

 

 Os peixes da cidade morren

nas augas violetas do peirao.

Afogan entre os fumes dos barcos,

e o sabor agre do mar.

Todo o mar azul está contaminado.

Os peixes da cidade morren

flotando nas augas sucias do peirao”

Es feliz

ata que os ollos se che anubran

brutalmente,

e toses, contraído,

pola contaminación

 

Cidades. Fran Alonso

 

 

 

TEXTO 4

 

Esta miña urbe ten moitos defectos.

Entre os seus mil ruídos,

 soa unha sirena.

E sei que faltan árbores.

E non hai parques longos, coma o tren.

 E as xentes son estrañas entre si.

 Os paxaros marchan

Porque non hai silencios apagados

 e os edificios derrétenlles o voo.

 Pero eu quéroa porque

 é a cidade onde nacín

 

Cidades. Fran Alonso

 

 

 

 

TEXTO 5

 

Ás veces poalla sobre o mar

como poallan os anos sobre nós.

E a vida abanéanos ó seu antollo

coma as ondas a este barco.

Hoxe a auga está gris merda,

de horizonte,

debuxando o noso caderno de bitácora.

 

Tortillas para obreiros. Fran Alonso

 

 

 

 

TEXTO 6

 

Os fillos naceron cubertos de lama.

Vai vello Fin Negan pola recta da parcelaria,

tan perfecta, tan recta

que non encontra os pasos

nin rodeiras de carro

nin sebes nin valados

nin loureiros nin cristo,

camiño falso,

chan e liso

Manuel Rivas

 

 

 

 

TEXTO 7

 

CÁVAME

recólleme nos sucos

trasplántame na Pedra

seis lirios, corazón e trevo, de camiño, no guéiser da

palabra

árbore

como pomba

na pa da escavadora

ascendido, nos seus fulgores

replantado

lonxe

 

Carne de Leviatán.Chus Pato

 

 

 

 

TEXTO 8


ECOLOXISTA

De maior quero ser ecoloxista,
e teño unha lista de cousas por facer.

Limpar as rías que están contaminadas,
limpar os ríos que están moito peor,
limpar os montes para que non haxa incendios,
o medio ambiente estará moito mellor.

De maior quero ser ecoloxista,
e teño unha lista de cousas por facer.

Reciclaremos e utilizaremos,
hai moitas cousas que podemos facer:
aforrar auga, electricidade,
pois non queremos máis contaminación.

De maior quero ser ecoloxista,
e teño unha lista de cousas para facer.

 

Toc,toc. Pablo Díaz

LINGUA CASTELÁ

 

 

   El tema de la naturaleza ha estado presente en muchos poetas a lo largo de la historia de la literatura,como por ejemplo en el Renacimiento. Pero para trabajar este tema con el alumnado, he decidido centrarme en los poetas de la generación del 27, poetas que ,para ellos, resultan más conocidos.

 

 

 

 

  Para empezar leeremos un poema de Pedro Salinas:

Todo es posible en el agua [...] Los troncos rectos del árbol/ entregan /su rectitud,ya cansada/

Porque en el alma del río/ no hay inviernos:/de su fondo le florecen/ cada mañana,a la orilla/

Tiernas primaveras blandas....

 

 

 

 

 

Continuaremos con un poema muy conocido de Rafael Alberti:

 

El mar.La mar/ El mar.¡Sólo la mar! / ¿Por qué me trajiste,padre/ a la ciudad?/

¡Por qué me desenterraste/ del mar?...

 

 

 

 

 

Y nos centraremos ahora en la poesía de García Lorca. Por un lado, elegiremos un poema donde la naturaleza es símbolo de pureza:

“Manantial”

La sombra se ha dormido en la pradera.

Los manantiales cantan...

¿Quién pudiera entender los manantiales,

el secreto del agua

recién nacida,ese cantar oculto...

¡sé árbol!

Y hubo un torrente de luceros

sobre el cielo sin mancha.

 

 

 

Ahora trabajaremos unos poemas dentro de su obra Poeta en Nueva York, donde la protagonista es la gran ciudad moderna, centro del desarrollo urbanístico, técnico e industrial, que se convierte en el símbolo del materialismo, la insolidaridad y la degradación. Los avances técnicos, el progreso adquieren ahora una visión negativa, a la que se unen los elementos de la naturaleza destruidos por esa realidad inhumana.

 

 

 

LA AURORA

La aurora de Nueva York tiene

cuatro columnas de cieno

y un huracán de negras palomas

que chapotean las aguas podridas [...]

La luz es sepultada por cadenas y ruidos

en impúdico reto de ciencia sin raíces.

Por los barrios hay gentes que vacilan insomnes

como recién salidas de un naufragio de sangre.

 

 

NEW YORK.Oficina y denuncia

 

[...]Yo denuncio a toda la gente

que ignora la otra mitad,

la mitad irredimible

que levanta sus montes de cemento

donde laten los corazones

de los animalitos que se olvidan

y donde caeremos todos

en la última fiesta de los taladros.[...]

 

 

 

 

Y para acabar trabajaremos un poema de Miguel Hernández titulado “El silbo de afirmación en la aldea”,  donde hace una comparación del mundo rural con la ciudad:

 

[...]Nada serenidad,paz recogida.

Eléctrica la luz,la voz,el viento,

y eléctrica la vida.

Todo electricidad,todo presteza

eléctrica:la flor y la sonrisa,

el orden,la belleza,

la canción y la prisa.

Nada es por voluntad de ser,por gana,

por vocación de ser.¿Qué hacéis las cosas

de Dios aquí:la nube,la manzana,

el borrico,las piedras y las rosas?

[...]¡Asfalto!:¡qué impiedad para mi planta!

¡Ay,qué de menos echa

el tacto de mi pie mundos de arcilla

cuyo contacto imanta,

paisajes de cosecha,

caricias y tropiezos de semilla!

 

 

bottom of page