top of page

ILLAS DE RECICLAXE

A esta illa de  reciclaxe que colocamos no hall cos contenedores dados por Sogama, colocáronselle uns carteis para facilitar o uso correcto de cada un deles, por parte do alumnado.

Os datos das pesadas que fixemos ós contenedores verde, amarelo e azul na illa de reciclaxe, durante os meses de Febreiro, Marzo e Abril foron:

 

AMARELO: 28 kg

AZUL: 46 Kg

VERDE: 39,5 Kg

 

Logo os residuos foron levados polo alumnado  que rotaba cada semana, ós contenedores que hai fóra do recinto escolar.

Tamén nas aulas houbo reciclaxe selectiva. Reutilizamos a bolsa verde rotulada para vidro para material orgánico e non reciclable.

A aula de Tecnoloxía fixo a súa propia illa de reciclaxe.

Aproveitamos unha papeleira do exterior do instituto, que estaba rota e houbo que pintala para colocala como contenedor para plástico nas escaleiras.

Illa para a reciclaxe de tapóns

Unha compañeira do Departamento de Relixión, encárgase de levar os tapóns ata un  depósito destinado para tal fin, no parking do Concello. Logo unha empresa do exterior recolleraos para a súa posterior reciclaxe.

Con esta illa de tapóns contribuímos o ano pasado a axudar a Paula, unha nena de Boiro,  e este ano foi para contribuír á compra dunha silla eléctrica, para unha alumna do noso centro con parálise cerebral.

bottom of page