top of page

Proxecto recollida plásticos na praia Barraña (Boiro)

Nesta presentación, recollemos todos os datos e o traballo realizado durante o curso 2014-2015.

 

O Concello de Boiro, suministróunos o material necesario: botas, luvas, chuvasqueiros e bolsas de basura que Protección Civil nos achegaba ó instituto según as nosas necesidades. Foi o propio Concello, quen facía a recollida das nosas bolsas selectivas, que deixabamos no paseo da praia, hacia COREGAL.

O alumnado de 4º ESO, expuxo o seu traballo de recollida de plásticos na praia, nas clases de 1º ESO do noso instituto, para conciencialos da problemática dos plásticos.

O Concello e en particular o Departamento de Medio Ambiente, agradeceron o traballo realizado  ó alumnado participante neste proxecto, entregándolle uns diplomas acreditativos.

CONCLUSIÓN:

 

Según os datos facilitados por Coregal, do total de residuos recollidos da bolsa coa etiqueta amarela (envases lixeiros), o 100% foi reciclado. Do resto dos residuos: zapatos, cordas, redes.. aproveitouse un 70%.

bottom of page