top of page

PUNTO LIMPO "RECICLATRONIC"

O noso instituto dispón dun Punto Limpo "Reciclatronic". Construímolo con palets e no que hai unha clasificación selectica con carteis de cores para diferenciar os depósitos para: lámpadas, refugallo electrónico, CD`s, cartuchos de tinta, contenedores para pilas, cables, cargadores, móbiles, pequenos electrodomésticos...Residuos que os alumn@s traen das súas casas e os depositan aquí.

Utilizamos como depósitos dos residuos as caixas de folios.

Para a recollida dos residuos do noso Punto Limpo, encárgase Protección Civil do Concello de Boiro.

O noso instituto comprou un cargador de pilas recargables para os mandos das televisións e dos canóns e así evitar comprar pilas continuamente.

Salientar que nas 2 aulas de Tecnoloxía, non usamos pilas para os nosos proxectos tecnolóxicos senón que usamos cargadores de móbiles en desuso, que os alumn@s traen das súas casas.

bottom of page